Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos de Ana Facchini na Biblioteca de Pazos

ana

Co gallo de conmemorar o día internacional do libro infantil, que se celebra o día 2 de abril, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén organiza unha actividade de narración oral que terá lugar o próximo Venres día 8 de Abril a partir ás 11:00 horas, á que asistirá o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, da EEI “A Galeriña” de Nespereira e os usuarios da Asociación ASPAVI.

A actividade “Tanto conta, conta tanto” correrá a cargo da narradora Ana Facchini e terá dúas sesións. A primeira de 11:00 a 12:00 horas contará coa presenza do alumnado e mestres de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira. A sesión de 13:00 a 14:00 horas estará orientada ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.

Neste espectáculo haberá heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas. TANTO CONTA, CONTA TANTO… dende a igualdade, que valiosas son as diferenzas!

A través de historias inclusivas, cancións e poemas rompemos cos estereotipos e roles de xénero, propoñendo novos modelos e referentes, que amosan relacións de igual a igual, libres de discriminacións e calquera tipo de violencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará