Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Millo Verde apura o prazo para o concurso de maquetas coa ollada posta no festival de  xuño

milllo verde

A XV edición do Festival Alternativo Millo Verde celebrarase os días 9, 10 e 11 de Xuño na Praia de Cesantes. Un dos grupos que participarán nesa cita musical será o gañador do certame de maquetas que está xa en marcha e cuxo prazo de presentación de traballo remata o vindeiro xoves 31 de marzo.

Todos os grupos ou solistas residentes en Galicia ou Portugal que non teñan disco editado pro un contrato discográfico poden presentar os seus traballos para participar neste certame. As propostas deberán contar como mínimo con tres temas de composición propia, incluír un enlace a un vídeo e unha breve descrición da banda así como os datos de contrato. Toda esa documentación debe remitirse ao enderezo electrónico concursodemaquetas@gmail.com antes do xoves.

De entre os traballos presentados, os membros da Asociación seleccionarán un mínimo de dous finalistas que tocarán en directo nunha festa concerto que se celebrará o vindeiro 23 de abril. O gañador do concurso decidirase pro votación entre o público asistente a este concerto.

A agrupación gañadora do concurso ademais de obter un premio dotado con 500 euros pasará a formar parte do cartel dun festival que se celebrará os día 9, 10 e 11 de xuño na praia da Punta.

O segundo clasificado recibirá un premio de 100 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará