Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Ostra busca recuperar os niveis de vendas e visitantes previos á pandemia

festa ostra

A cita gastronómica desenvolverase na vindeira fin de semana no Peirao de Arcade. É a XXXIV edición dun evento que confía en reunir uns 30.000 asistentes e vender 100.000 unidades de ostras logo de dous anos de parón polo Covid. Dende o Concello queren que esta celebración sexa tamén unha homenaxe aos hostaleiros “sector que tan mal o pasou estes dous anos” e apuntan como un dos actos destacados do programa a lectura do pregón o domingo ás 12:00 horas a cargo do cociñeiro local, Paco Corral.

Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior

Declarada Festa de Interese Turístico no ano 2002, a Festa dá Ostra de Arcade supón unha das citas gastronómicas do ano en Galicia e recibe miles de visitantes. Como vén sendo tradicional o recinto da festa instalarase no aparcadoiro do Peirao de Arcade. Os prezos establecidos para esta edición son de 10 euros para a ducia de moluscos ao natural e de 7 euros para as racións de empanada. Ademais, como acompañamento poderanse adquirir botellas de viño albariño procedente das tres adegas do municipio.

Durante a presentación, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou a importancia desta festa para o Concello, especialmente tras a suspensión das dúas últimas edicións por motivos sanitarios. “Desde o punto de vista turístico e gastronómico, esta festa dálle a Arcade unha proxección internacional incalculable. É un gran impulso para a economía local xa que supón un gran pico de actividade para os máis de 15 establecementos hostaleiros que participan na celebración, ofertando diferentes preparacións da ostra e ampliando o abanico de posibilidades gastronómicas para todos os visitantes”.

Reguera explicou que unha das novidades desta edición é a ausencia total de plásticos, xa que todo o material usado será respectuoso co medio ambiente con vasos, pratos e cubertos, 100% biodegradable e procedente de fontes responsables, neste caso de cana de azucre

Programa

As celebración arrincarán ou venres coa verbena a cargo do grupo América ás 23:00 horas. O sábado 2 as casetas abrirán as súas portas a partir do once do mediodía para atender aos primeiros visitantes que gozarán da animación musical dunha clásica charanga. Xa pola noite, celebrarase a tradicional verbena nocturna con dúas orquestras, Satélites e Marbella. Ademais, á medianoite, terá lugar a clásica tirada de fogos artificiais desde a praia do Peirao de Arcade.

O domingo 3, día grande dos festexos, as casetas de venda abrirán as súas portas a partir das 11:00 horas e ás 13:00 horas, terá lugar a soada Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo do coñecido chef local, Paco Corral. A partir das 18:30 horas será a quenda para a música coa actuación do Dúo Calú.

Noelia Ocampo. concelleira de Cultura
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará