Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela tamén amarra a frota

puerto cesantes

O vicepatrón da confraría San Xoán de Cesantes, Severino Casal afirma que “o 100% dos barcos de Redondela están a secundar o paro” convocado pola Federación Nacional de Confrarías de Pescadores ante a suba do gasóleo. O paro manterase ata mañá mércores cando está prevista a reunión co Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. Dos resultados depende que o paro poida ser indefinido.

“A situación para os barcos é insostible” asegura Seve Casal, quen lembra que hai tan só uns meses o litro do gasoil pagábase a corenta céntimos menos. Explica que esta tendencia á alza nos prezos fai que o combustible represente máis do 40% dos custes da explotación pesqueira “a metade do que gañamos vai practicamente para pagar o carburante”.

Confían en que a reunión de mañá dea os seus froitos e haxa un compromiso por parte do goberno que faga posible retomar a actividade “nós o que queremos é traballar”.

O sector reclama do Goberno medidas urxentes, entre elas, axudas específicas dentro do fondo europeo de pesca, rebaixas nas taxas portuarias e tamén dos pagos á Seguridade Social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará