Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER urxe ao Concello a actuar ante o estado de abandono da Fonte do camiño de Lavanco en Chapela

camiño de lavanco

 A Agrupación de Electores de Redondela vén de denunciar por rexistro o abandono das obras de mellora previstas para a Fonte do Camiño de Lavanco así como a canalización de pluviais no cruce da Subida a Parada, situadas na parroquia de Chapela. Para a Agrupación “a desidia do goberno é máxima xa que a obra está comprometida polo Concello coa Asociación de Veciños de Chapela desde o ano 2020”.

Explican dende AER que as xestións para levar a cabo estes traballos estaban xa a tramitarse no 2021 cando a Agrupación de Electores de Redondela aínda formaba parte do goberno. De feito, cando AER deixou o executivo, o ata entón concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, deu traslado ao novo responsable da área, Alberto Álvarez, da actuación prevista para a zona, incluíndo toda a documentación necesaria para o seu comezo inmediato. Nese momento, a data prevista para comezar era setembro de 2021.

A día de hoxe, AER vése na obriga de insistir de novo en que “a situación na Fonte do camiño do Lavanco noncambiou”. Ademais, denuncian que a zona está, desde agosto de 2021, cun desterro aberto, mal delimitado, que supón un risco para todos os veciños por atoparse o terreo en distinto nivel.

Por último, a Agrupación de Electores de Redondela solicita no seu escrito que o goberno “informe de cales son os motivos polos que non se realiza esta obra comprometida coa veciñanza de Chapela. E que se faga unha mellora na delimitación e balizado da zona”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará