Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do Mendiño propón unha batería de medidas para garantir a seguridade viaria no acceso ao centro

autobusmendiñoa

Alertan da falta de seguridade no tramo da Avenida Mendiño que vai dende o pavillón Municipal ata o Instituto ao coincidir ata oito autobuses de transporte escolar e carecer dun espazo axeitado para estacionar e recoller ao alumnado. Piden que se delimite a zona de aparcamento en toda a rúa, fundamentalmente nas horas de entrada e saída do centro.

Explican dende a Anpa do IES Mediño que son oito os autobuses que fan o servizo transporte escolar e superan con moito o espazo delimitado polo concello con liñas amarelas para a parada dos mesmos. Unha tramo que vai dende o Pavillón Municipal ata o Instituto que é empregado tamén polos propios pais e nais do alumnado e por outros vehículos que estacionan nesa vía. A maiores púxose unha praza de aparcamento reservada a un vehículo de Protección Civil o que din “dificulta a parada dos buses escolares”. Todo iso fai que nas horas punta os autobuses teñan problemas para se desprazar, unha situación que se incrementa o luns pola tarde “xornada na que hai clase e na que xa se teñen producido incidentes entre condutores dos buses e propietarios dos automóbiles alí aparcados, ao non poder pasar estes buses”.

Anxo Lusquiños, presidente da ANPA

Alertan tamén do perigo que supón para o alumnado ter que cruzar ate o centro da vía para poder acceder ao autobús, que non ten forma de estacionar nos laterais da estrada. Por este motivo reclaman medidas que entenden son de doada aplicación como delimitar a zona de aparcamento para o transporte escolar en toda a rúa na súa marxe dereita no sentido de circulación desde o Pavillón Municipal até o IES Mendiño e que se regule a prohibición de aparcar nesta zona , fundamentalmente nas horas de entrada e saída do centro. Tamén que se prohiba o estacionamento na marxe esquerda desta mesma rúa e que se incremente a presenza da policía local para regular o tráfico.

Finalmente solicitan tamén que se arranxe a beirarrúa en toda esta vía, para facilitar o transito a pé ao centroescolar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará