Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruta das regateiras: un roteiro para coñecer a importancia da muller na Redondela mariñeira

ruta regateiras

Soledad Chayán será a encargada de guiar aos participantes o venres 11 ás 19:30 horas por unha nova ruta promovida dende o Concello. Un roteiro que permite coñecer Redondela, e máis concretamente o que era a zona mariñeira da Esfarrapada, dende outro punto de vista: a perspectiva da muller.

Unha historia que se centra en lembrar como os cambios sociais e climáticos que se producen a fin de Idade Media van provocar un retroceso no papel da muller da época que nesa altura gozaba dunha igualdade laboral bastante avanzada para a época. Así o explica Chayán quen recupera a frase de Simone de Beauvouir “Non esquezades nunca que bastará unha crise política, económica ou relixiosa para que os dereitos da muller volvan ser cuestionados” para lembrar que é un feito que se pode aplicar a calquera crise.

Neste percorrido partirase da actual praza de Santiago ás 19:30 horas, un lugar no que antigamente había un pequeno lavadoiro no que as mulleres lavaban nas patelas e era coñecida precisamente como fonte das regateiras. Dende ese punto o roteiro irá cara a zona da Esfarrapada e coñeceremos o que queda das casas mariñeiras, con soportais para gardar os aparellos de pesca, as tradicións mariñeiras que había ou incluso personaxes ou lendas como o da “Bruxa Benita”.

Unha actividade enmarcada dentro da programación da Muller que organiza o  Concello de Redondela e para a cal é preciso inscribirse no teléfono de Turismo (986401713) ou no correo electrónico turismo@redondela.gal.

Malia que se trata dunha actividade puntual, Soledad Chayán confía en que se repita no futuro “dado o interese que está a espertar entre os veciños e veciñas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará