Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan as obras de acondicionamento dos Servizos Sociais de Chapela

servizos sociais obras

Accesibilidade, funcionalidade e privacidade das persoas usuarias definen as novas dependencias que, en breve, entrarán en funcionamento. Os traballo realizados contaron cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020, e incluíron tamén a adaptación e mellora enerxética das instalacións, actuación que está presente en todos os traballos que realiza o Goberno local en instalacións municipais de cara a reducir o custe do consumo eléctrico e o nivel de emisións de CO2.

O Concello de Redondela vén de rematar as obras de remodelación das dependencias de Servizos Sociais en Chapela para convertelas “nunhas instalacións accesibles, funcionais e co grado de privacidade das persoas usuarias, imprescindible neste tipo de servizo”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas que, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, visitou as novas instalacións.

Digna Rivas salientou a importancia dos traballos realizados “que permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar cunhas instalacións axeitadas, modernas, funcionais e deseñadas específicamente para este cometido función”.

Mentres as novas instalacións non entren en funcionamento, o farán en breve espazo de tempo, as persoas usuarias seguirán sendo atendidas nas oficinas provisorias que o Concello habilitou no Multiúsos do Piñeiral do Crego onde, para garantir a privacidade das persoas usuarias, habilitouse unha entrada independente e directa aos Servizos Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará