Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas e José Blanco Puga asumen a dirección do PSOE local

psoe executiva

Agrupación Local do O PSdeG-PSOE de Redondela celebrou o sábado o seu proceso de renovación da Executiva Local coa intención de contar cunha estrutura que dea resposta ás necesidades da veciñanza e poder presentar, á cidadanía, “un proxecto común, forte e unido” segundo afirmou Digna Rivas, nova secretaria xeral da Agrupación e que encabezaba a única lista, consensuada e unificada, que se presentaba.

Coa presidencia de José Blanco Puga, a nova Executiva Local estará formada por Digna Rivas, actual alcaldesa de Redondela, como secretaria xeral á que acompañarán Rita Pérez Táboas na Secretaría de Organización; José Luis Amoedo González, na Secretaría de Acción Electoral; Isaac Araujo Figueroa na Secretaría de Militancia; Alberto Álvarez Pérez como novo secretario de Aministración; Iria Vilaboa na Secretaría de Igualdade; Olga García Ballesteros, engargarase da Secretaría de Política Municipal mentres que Adoración Cívico Garrido terá ao seu cargo a Secretaría de Política Social. Finalmente, Marina dos Reyes Muíño e Martín Rodríguez Alves asumirán as responsabilidades na Secretaría de Formación e Secretaría de Cidadanía, respectivamente.

A Executiva local complétana, en calidade de vogais, Francisco Javier Sotelo Waidele, María Esmeralda García Rodríguez, Leticia González Guisante e Manuel Alonso Carpintero.

Digna Rivas agradeceu a confianza nela depositada por unha militancia “que son, sen dúbida, a base sólida sobre a que construír un proxecto de futuro de Redondela” e asegurou que á nova executiva “traballará arreo para dar resposta ás necesidades que demanda a cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará