Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Títeres de Redondela volve celebrarse en Maio despois de dous anos

titeres

Xa hai datas confirmadas para a edición deste ano, do 12 ao 17 de maio. A organización adianta tamén que no programa incluiranse compañías de Arxentina, Eslovenia, Israel, Francia, Castela e León, Madrid, Cantabria e Galicia. En total 80 actividades a cargo de 31 compañías de variada procedencia.

Un ano máis Redondela prepárase para celebrar unha nova edición do Festival Internacinoal de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo, onde se darán cita compañías procedentes de Italia, Francia, Israel, Eslovenia ou Arxentina e tamén de Madrid, Aragón ou Castela-León, entre outras, ademais dunha forte presenza de compañías galegas como Tanxarina Títeres ou Alakrán Títeres.

A Asociación Xente Titiriteira organizadora do Festival, está ultimando os derradeiros detalles que forman o Festival, nun intento de recuperar as rúas e prazas para os espectadores e que poidan gozar dos Títeres con liberdade, cun programa intenso de sala e rúa coa idea de manter a Redondela coma un referente no mundo do Títere.

Nesta XXIII edición quérense recuperar as colaboracións comerciais, xa que unha das características do Festival dende os seus inicios é o apoio do tecido comercial da vila e contorna, que coas súas axudas fan seu o Festival. Nestes dous últimos anos suspendeuse a recollida dos donativos por causa da crise provocada polo coronavirus. Pese a todo, e baixo o titulo “A forza dun pobo”, nestes anos publicouse o cartaz de agradecemento aos colaboradores.

Esta nova recuperación do Festival propón recuperar, aínda que de maneira reducida, o Mercadiño Titiriteiro, un espazo que será dedicado a postos relacionados co Mundo do Títere.

A primeira actividade do Festival comezará xa en abril coa Exposición: “40 anos de Tanxarina Títeres”. Redondela rende homenaxe á histórica compañía da nosa vila Tanxarina Títeres, e quere mostrar parte dos 40 anos da súa traxectoria nos escaparates do comercio local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará