Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O lume vence á chuvia no Martes de Entroido

mecoarde

Como manda a tradición o Meco foi pasto das lapas nunha xornada deslucida polo mal tempo, con fortes precipitacións a primeira hora da tarde que incluso fixeron temer pola celebración das actividades organizadas polo Concello. Finalmente escampou e, malia que con menos público que en edición anteriores, procedeuse a queimar os males que asfixian a sanidade pública.

Menos xente que en edicións anteriores pero nin o mal tempo nin as medidas sanitarias evitaron que nenos e maiores gozaran do Martes de Entroido e dunha cita que regresaba as rúas logo de dous anos de ausencia pola pandemia. Música nas prazas e espectáculos itinerantes, fogos de artificio e lume foron as protagonistas dunha tarde que arrancou con fortes chuvias pero que deu paso a festa e permitiu que se prendera lume á figura que dende hai unha semana adornaba a praza do Concello.

Unha festa que seguirá o sábado cun programa que se traslada a Chapela para vivir o enterro do Berete. A concentración das sete comparsas participantes será ás cinco da tarde no alto da Encarnación, dende alí acompañados pola animación musical da Asociación de percusionistas e tamborileiros Aperta irán cara a praia de Arealonga onde terá lugar a queima do berete ao redor das 20:30 horas.

Iria Vilaboa, concelleira de Cultura
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará