Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actos vandálicos no parque infantil de Chapela

parque

O Goberno pide colaboración veciñal para tentar dar co autor ou autores dos actos vandálicos que estragaron algúns dos elementos da área de xogo de Chapela. Unha zona infantil que está a ser reparada logo de que apareceran elementos rotos ou con pintadas.

“O vandalismo do que foi obxecto o parque infantil de Chapela va máis aló dunha simple gamberrada e é un ataque ao patrimonio de toda a veciñanza”, asegurou Digna Rivas ao ser informada dos danos que sufriu a antedita área infantil e que afectaron á case que todos os aparellos con que conta a instalación.

A alcaldesa asegurou que “accións como estas non poden quedar impunes” e adiantou que a Policía Local desenvolve investigacións para dar co autor ou autores dos feitos “aos que ten case que identificados”.

“Os espazos públicos son un patrimonio de toda a cidadanía que, cos seus impostos, posibilita que o Concello dote aos núcleos urbanos e ás parroquias destes lugares de esparexemento para os seus fillos e fillas”, di a rexedora redondelá quen engade que “romper, pintar ou ocasionar danos nestes espazos supón, por tanto, un ataque directo contra o peto da cidadanía que este Goberno non vai consentir”. O Goberno local aposta pola renovación e mantemento dos parques infantís “como zonas seguras para os xogos e desfrute dos e das máis cativas.

O Concello considera “imprescindible” a colaboración cidadá para “poñer en coñecemento do Concello ou da Policía Local este tipo de actuacións a fin de que os seus autores teñan que render contas polas súas accións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará