Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Café Cowork, un espazo de ocio e de negocio

cafe cowork

Dende hai dous meses funciona en Redondela un café coworking, un establecemento na rúa Ernestina Otero cuxa filosofía é ofrecer a clientela un espazo no que montar as súas “oficinas móbiles” coa posibilidade de relacionarse con outros emprendedores, crear sinerxias e, ao tempo que desenvolven o seu traballo, poder facelo nun ambiente agradable e ante un café. O seu responsable, Ramón Soage, confirma o potencial deste novo negocio que complementan con actividades culturais: charlas, exposicións ou concertos forman parte da súa oferta.

Belén Abelleira e Ramón Soage “Pescata” están detrás deste negocio que abría as súas portas no inicio do ano. Unha idea que nacía para cubrir unha carencia “en Redondela os emprendendores teñen moitas dificultades para atopar un local, ben comunicado e que dispoña dunha boa conexión a internet, porque non hai espazos destas características e porque os que hai non están ao alcance da todos os petos”. Ante esta situación, son moitos os autónomos que se montan as súas oficinas na casa. Con todo, iso supón reducir as súas relacións ao mínimo. Nace así este concepto de “café coworking”, unha nova maneira de entender o traballo e as relacións, que ofrece a súa clientela unha boa conexión wifi, espazos agradables nos que relacionarse con outros autónomos “o que supón crear sinerxias de traballo” e tamén salas nas que realizar reunións ou recibir clientes.

unha idea que vai callando na vila o que fai que o perfil de cliente sexa do máis variado: estudantes, emprendedores, sobre todo mulleres, que se interrelacionan neste espazo ou xente que opta por alugar unha sala para celebrar reunións.

Con todo, este café quere ser tamén un espazo cultural e nese camiño xa realizaron varias esposicións, actualmente coa mostra Vinobic de Abel Barandela e Chuis Guedella, ou concertos “creando tamén un escenario para os artistas locais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará