Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga, con bo xogo pero falto de sorte

ArealongaSenior

A situación na táboa do FS Arealonga non fai xustiza á calidade e ao xogo do equipo. É o 14º clasificado da Preferente Sur, suma 11 puntos con 2 vitorias e 5 empates. E moitos dos partidos fóronselles nos últimos minutos. De feito foron o único equipo capaz de anotarlle 5 goles ao Pazos, co que estaban empatados a piques de rematar o encontro e finalmente perderon por 5-7. Tamén lles faltou intensidade e algo de sorte no último partido ante o Abetos Gondomar, que gañaban por 5-2 a falta de 8 minutos e ao final perderon por 7-6. O presidente, Iván Vázquez, sinala que o equipo “está a competir ben” e lamenta que “por falta de sorte e algúns erros” perderon demasiados puntos. Advirte que se trata dun equipo con xogadores moi novos “que teñen que ir gañando confianza” para superar estas situacións tanto a nivel deportivo como mental.

Iván Vázquez Figueroa, presidente do Arealonga FS

Precisamente o Abetos Gondomar será de novo o seu rival esta fin de semana, cando se disputan os partidos aprazados do comezo de temporada. A cita é o domingo ás 19.00 horas no pavillón González Soto. Vázquez fai un chamamento á afección para que acuda á cita, malia concidir coa celebración do Entroido. Prometen “loitar pola vitoria e dar o mellor espectáculo posible”.

Este domingo reciben ao Abetos para disputar o partido aprazado da 3ª xornada

Non será a única cita co fútbol sala en Chapela este Entroido. O próximo martes, día 1, acollerán a última fase da concentración de fútbol sala xuvenil feminino. Xunto ao Arealonga participan Marín, Bembrive e Morrazo FS con partidos desde as 16.00 ata as 22.00 horas.

O martes de Entroido Chapela acolle unha concentración de fútbol sala xuvenil feminino

No club de Chapela, cun total de 13 equipos en 11 categorías diferentes, o traballo pasa sobre todo pola base e o fútbol sala feminino. O Arealonga FS conta con equipos femininos nas categorías sénior de 1ª e 2ª Autonómica.

Equipo Xuvenil do Arealonga FS
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará