Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños volven saír á rúa para esixir o arranxo da estrada entre Amoedo e Os Valos

mani pazos

Ao redor de 250 manifestantes participaron na protesta convocada pola Plataforma pola Mellora da EP-2702 na tarde do sábado. Unha marcha que percorreu a distancia que separa o Alto de Cepeda e a piscina de Nespereira e na que os participantes portaban pancartas nas que se podía ler “concello escoita, despois de 25 anos vai sendo hora”, “basta de xogarnos a vida” ou “queremos vivir tranquilos”.

O lema que encabezaba a marcha “Coa nosa seguridade non se xoga, concello colabora” volvía ser un chamamento ao concello de Pazos para reclamar a súa colaboración para que o proxecto de arranxo, ampliación e humanización desta estrada que está en mans da Deputación sexa unha realidade. O temor de que finalmente o organismo provincial so acometa o “parcheado” da vía ao non ter realizado o concello as xestións pertinentes para a adquisición dos terreos que permitan un arranxo integral, é o que move a esta Plataforma a seguir cunhas protestas que se prolongan dende hai semanas e que, polo de agora, non teñen intención de paralizar.

Insisten en que o posicionamento do concello de Pazos choca con outros municipios que están a colaborar coa deputación independentemente da súa cor política. Poñen como exemplo recente o caso do concello de Vilanova de Arousa “gobernado polo PP con maioría absoluta que vén de asinar un convenio no que a Deputación achegará o 80% do financiamento e o Concello o 20%, asumindo tamén o concello as obrigas de tramitar todas as autorizacións necesarias e obter a cesión dos terreos.

Neste sentido apuntan que “só Pazos de Borbén está empeñado en non colaborar coa Deputación, malia que esta chegou a ofrecer unhas condicións máis favorables que nos demais casos, conseguir os terreos sen aportar nada ao financiamento da obra”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará