Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carminati e Jorge suman para o Choco

Choco-Juvenil

Terceira División

Choco 2-0 Juvenil Ponteareas

Importante vitoria a conseguida en Santa Mariña polo CD Choco. Arroupados pola afección choqueira os de Juan Amoedo sacaron rédito a unha tarde que daba comezo con un emotivo minuto de silencio polas víctimas e desaparecidos no naufraxo do Villa do Pitanxo. Nos primeiros minutos o equipo choqueiro parecía non encontrar o seu sitio no campo, máis logo de tres achegamentos por parte dos de Ponteareas o CD Choco rexurdiu e comezou a controlar o encontro. No ecuador deste primeiro tempo os de Juan Amoedo mantiñan a posesión e achegábanse con perigo á portería de Dani Sampayo, pero sen acerto. No minuto 43 obterían a súa recompensa cun gol de Lucas Carminti, que debutaba co equipo choqueiro. Foi cun tiro de bolea dende a frontal do área tras un balón atrás. No segundo tempo tamén desperdiciou varias ocasións o CD Choco. Houbo que agardar ata o minuto 73 para ampliar a marxe cun gol de Jorge Maceira, que se internou no área e cun chute certeiro bate a Sampayo. O Juvenil Ponteareas tería unha ocasión no 90, que parou Cortegoso. A derradeira opción sería para o equipo redondelán cun tiro de Toni Armada que despexou o porteiro a córner. O CD Choco suma 3 puntos importantes ante un rival directo. Agora son 21 puntos os ten de renda, o que supón un balón de oxíxeno para afrontar o maratón de partidos que teñen previstos para as próximas semanas. O máis inmediato o Barco-Choco este o sábado ás 18.00 horas no campo de Calabagueiros

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Chisco, Comis, Caloi, Félix, Álex Pérez, Ranca, Álex Figueroa, Berni, Capelo e Carminati. Tamén xogaron Jorge Maceira, Toni Armada, Pedro e Hugo Vázquez. .

SD Juvenil Ponteareas: Sampayo (p), Mario, Portas, Roberto Carlos, Miguel, Sergio, Fontán, Giraldez, Xoel, Justo e Marcos . Tamén xogaron Cora, Aitor, Besada, Yhave e Garrido

Goles: 1-0 Carminati (43’), 2-0 Maceira (73).

Primeira Galicia

Campo Lameiro 0-1 Arcade. Próxima xornada o 06/03 Arcade -Moraña

Segunda Galicia

Atl Vilar 2-1 Mosende. Proxima xornada o 6 de marzo Cañiza-Atl Vilar

Domaio 4-3 Cesantes. Próxima xornada o domingo, reciben ao Cruceiro de Hío

Pontecaldelas 4-2 Soutomaior. O Soutomaior non puido co líder. Este domingo reciben ao Monteporreiro.

Fútbol Sala Terceira

FS Pontedeume 5-3 Campito Chapela. Derrota dos de Santi Domínguez ante un dos rivais directos pola permanencia. Regresan á competición do 6 de marzo, reciben en Chapela ao 5 Coruña.

Preferente Sur

Redondela Maramar 4-3 Coles. Os de Redondela manteñen a segunda praza do grupo logo de superar ao Coles.

Abetos Gondomar 7-6 Arealonga. Derrota do Arealonga nun encontro moi igualado e competido co Abetos.

Pazos 7-1 Balona Linense. Os de Pazos manteñen o liderado e son os claros favoritos ao ascenso logo de sumar todos os partidos por vitorias.

No parón de Entroido recuperaran os partidos aprazados polo atraso no inicio de liga. E logo, o 6 de marzo, retoman o calendario cos encontros Baíña-Redondela; Arealonga-Verín e Cesures-Pazos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará