Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior será o primeiro concello galego en contar cunha pista pública de pickleball

pickleball

Arrancaron xa os traballos para a construción desta cancha, na que se poderán disputar partidos desta nova modalidade deportiva que combina elementos do tenis, pádel, badminton e ping pon e que conta cada día con máis adeptos. A obra conta cun orzamentos de máis de 38.000 euros.

O Concello de Soutomaior ven de iniciar os traballos para sumar un novo recinto ao Centro Polideportivo da Montesiña, unha pista de pickleball. Unha nova especialidade deportiva derivada do padel que terá nesta localidade a primeira cancha pública de Galicia.

O pickleball é unha combinación de ping-pong, o bádminton e pádel que se xoga nunha pista de aproximadamente un terzo do tamaño dunha pista de tenis cunha rede de 85 cm de altura. Xógase cunha pa, parecida á do ping-pong pero de maiores dimensións, e cunha pelota oca e perforada. É unha disciplina deportiva indicada para todas as idades xa que, do mesmo xeito que no bádminton, a pelota apenas pesa e non é necesario realizar grandes esforzos físicos.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou esta mañá o comezo dos traballos de preparación do terreo. “É unha petición que nos fixeron chegar varios deportistas do municipio e que nos pareceu moi adecuada para mellorar a oferta deportiva da Montesiña. Sobre todo, porque son especialidades complementarias que amplían o rango de idade da poboación á que se dirixen”, indicou o alcalde explicando o obxectivo da nova pista.

A nova pista terá unhas medidas de seis metros de ancho por catorce de longo e situarase xunto á terceira pista de pádel, na parte alta do Centro Polideportivo da Montesiña, aproveitando así os traballos para finalizar o acondicionamento da contorna na devandita pista tras a instalación da cuberta. Os traballos contan cun orzamento de licitación de 38.232 euros que serán financiados con fondos municipais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará