Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso mellora o monte comunal coa plantación de 500 árbores frondosas

plantaciónviso

A Comunidade de Montes do Viso organiza este domingo 20 de febreiro unha nova edición do día da árbore no alto do Monte Espiño. Unha xornada de plantación de frondosas para reforzar as franxas verdes nas que a comunidade leva anos traballando. O punto de encontro será no chan do alto do monte Espiño ás 10:30 horas da mañá.

Despois de dous anos sen celebrar esta data por mor da Covid, a Comunidade de Montes recupera esta xornada que servirá para consolidar as franxas verdes con frondosas autóctonas para mellorar a defensa contra incendios forestais do monte comunal e aumentar a súa biodiversidade. Para elo faranse plantacións fundamentalmente de castiñeiros, bidueiros, sobreiras, érbedo, acivros e carballos nun rodal de 10.000 m2 de superficie na zona norte do monte, zona de entrada habitual dos incendios na parroquia do Viso.

Xosé Covelo, Comunidade de Montes do Viso

Repoboarase así coa axuda dos voluntarios que asistan máis de 500 árbores diversas para deste xeito apoiara recuperación da diversidade arbórea da zona e, como non, realizar unha acción didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto.

O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha luvas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogomelos, hábitats de fauna e flora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará