Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Pazos volverán saír a rúa este sábado para reclamar o arranxo do vial entre Amoedo e Os Valos

cartel amoedo

Malestar veciñal logo de que os carteis colocados a modo de protestas nos que reivindicaban o arranxo da EP-2702 ao carón da estrada foran retirados e destrozados en menos de 24 horas. Ante esta acción que cualifican de “actos vandálicos” convocan unha nova manifestación para facerse oír e reclamar do goberno local a súa colaboración para que se amplíe e mellore o vial. A protesta será o sábado 19 ás 16:00 horas dende o Alto de Cepeda ata a piscina de Nespereira.

A Plataforma pola mellora da EP-2702 acordou manter as protestas e convoca para este sábado unha nova manifestación. Unha convocatoria que chega precedida de numerosos cortes de tráfico protagonizados polos propios veciños co obxecto de denunciar o mal estado desta estrada e o perigo que supón para peóns e condutores así como a falta de resposta por parte do Concello que segue sen colaborar coa Deputación para que se acometa “un arranxo en condicións do vial que sexa unha actuación integral e non unicamente unha mellora do firme”.

Os veciños denuncian ademais que logo de colocar diversos carteis na beiravía a modo de protesta e reclamando o arranxo “alguén procedeu a súa retirada antes de que pasaran 24 horas”.

Unha vez máis lembran dende a Plataforma que a estrada conta cun proxecto de mellora por parte da Deputación pero cuxa realización depende da colaboración por parte do Concello e de que o goberno local se comprometa a facer unha achega económica que entenden “é perfectamente asumible por parte da administración local”. Neste sentido, critican o posicionamento do alcalde Andrés Iglesias neste asunto “que en todo momento se negou a colaborar para que a humanización do vial sexa unha realidade, asegurando que non ía poñer un duro cando se trata dunha obra moi necesaria pola elevada intensidade de tráfico que soporta esta estrada e o mal estado no que se atopa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará