Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente traballa na implantación do quinto contenedor na recollida do lixo

alberto alvarez

Este novo contenedor de cor marrón serviría para depositar o lixo orgánico e supón avanzar un chanzo máis na implantación da recollida selectiva de residuos. Unha novidade que ven imposta dende a comunidade Europea e que debe están operativa a finais de 2023. O concelleiro de Medio ambiente, Alberto Alvarez, confía en que Redondela se sume a esta recollida xa no inicio do vindeiro ano.

O coñecido como quinto contenedor sería un bidón de cor marrón o que serviría para diferencialo dos actuais contenedores destinados a papel e cartón, plástico, vidro ou o de cor verde no que van o resto dos desperdicios. Neste novo colector poderán depositarse residuos de procedencia orgánica que se producen na cociña (carne, peixe, verduras…) ou mesmo no xardín e previsiblemente abrirase cunha chave electrónica que se facilitará a aqueles que queiran adherirse ao programa. Este novo sistema xa están implantado nalgunhas cidades, como por exemplo en Pontevedra ou Carballo, e para facelo realidade contarase con subvención da Xunta de Galicia.

A recollida de biorresiduos levarase a cabo nos cascos urbanos de Redondela e Chapela, xa que nas parroquias avógase por promover a compostaxe. O obxectivo sería recoller ao redor dunha tonelada por día.

Non se descarta ademais que se creen plantas para non ter que levar estes residuos orgánicos a 140 kkilómetros de Redondela. Estas instalacións servirían para converter os residuos orgánicos en compost.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará