Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xulgado revoga a licenza concedida polo Concello a Aucosa para executar obras na planta de Rande

aucosa

O xulgado administrativo número 2 de Vigo falla así a favor da Plataforma en defensa da enseada de San Simón quen presentara un recurso en novembro de 2020 contra o Concello e a planta de transformación de subprodutos de peixe. A Agrupación de Electores de Redondela “urxe explicacións á alcaldesa, Digna Rivas” ante esta sentenza e alerta “das posibles consecuencias da anulación desta licenza no caso de acadar firmeza esta resolución pois o Concello tería que enfrontarse a unha elevada indemnización”.

AER urxe explicacións á alcaldesa, Digna Rivas tras coñecer a sentenza do xulgado que anula a licenza concedida en xullo de 2020 polo Concello para a execución das obras de modernización tecnolóxica da planta AUCOSA. De facerse firme esta sentencia podería supor, segundo AER, que o Concello tivese que facer fronte a unha indemnización economicamente inasumible.

O maxistrado baséase principalmente nas “inexactitudes”, segundo se indica na sentenza, do informe urbanístico do arquitecto municipal do Concello de Redondela por entender que eses erros “condicionan el sentido del mismo, que debió ser negativo”. Á vista da sentenza, AER lembra que estando eles aínda no goberno o entón concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, advertiu á alcaldesa de que non concedera a licenza pois había serias dúbidas en relación ao informe urbanístico. O concelleiro advertiu tamén da necesidade de realizar un informe urbanístico independente porque “non era a primeira vez nos últimos anos que o concello tiña problemas xurídicos cos informes realizados polos técnicos municipais”.

Asemade, a Agrupación de Electores quere pór de manifesto que o Concello finalmente incluíu no expediente un informe xurídico independente pero que este non pode ser concluínte porque o autor do propio informe requeriu ao Concello ata seis puntos de información para poder pronunciarse sen que o Concello facilitase dita información. Aseguran que o Concello en ningún momento facilitou esta información ao avogado externo para que este puidera completar o seu traballo.

AER pon de manifesto as posibles consecuencias para o Concello de Redondela da anulación desta licenza municipal no caso de acadar firmeza esta resolución (o fallo non é firme, é recorrible). As obras de modernización levadas a cabo por AUCOSA (que segundo a propia empresa tiveron un investimento de dez millóns de euros) serían ilegais de acadar firmeza o fallo da sentenza, polo que as consecuencias poderían levar ao Concello a enfrontarse a unha elevada indemnización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará