Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pon en valor o leguario da Pantalla en Cesantes

leguario

Leguario no barrio do Coto en Cesantes

A estrutura de pedra loce agora en maior medida tras ser retirado da súa base boa parte do cemento que se engadira no pasado. Colocouse ademais un panel que inclúe o nome deste elemento patrimonial que data de finais do século XVIII ou principios do XIX e un texto explicativo da súa historia e valor patrimonial así como o uso que tivo no pasado.

O obradoiro de Estudos Locais congratúlase da posta en valor deste leguario que se atopa no barrio do Coto en Cesantes logo de que anos atrás se realizada un recheo de formigón sen ter en conta que se soterraba tanto o “marco-panel” da Pantalla como os bolardos que están delimitando ese elemento”. Naquel momento reclamaran ao concello a inmediata reparación dos danos ocasionados co fin de devolver ao seu estado orixinal este elemento.

Logo de retirar o recheo tamén se instalou no lugar un panel no que se explican os datos precisos do monumento, facendo referencia aos elementos que conforman este sinal que como o resto dos leguarios eran colocados nos camiños para marcar as rutas oficiais controladas polo coroa e establecer a distancia en leguas ao destino final do camiño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará