Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior critica a “ausencia de proxecto” dos orzamentos de 2022

soutoconcello

Os nacionalistas aseguran que esa ausencia de proxecto queda patente en que “ano tras ano, o alcalde repite o mesmo discurso nos plenos sobre os orzamentos” malia que se tratarían dunhas contas que “nin se axustan á realidade actual nin as necesidades da veciñanza”. Uns orzamentso que se fixeron de costa aos colectivos e axentes sociais que integran o concello e que teñen unha serie de demandas e de necesidades que, na súa gran maioría, non se ven reflectidas neste orzamento aprobado “de xeito unilateral” polo PP de Soutomaior.

Engaden dende o Bloque que “nos atopamos cunha chapuza maiúscula, carente de inversións reais ou propostas de mellora e no que o 96% do orzamentado destinarase a salarios e mantemento do propio ente”. O voceiro municipal asegurou que a percepción da veciñanza de Soutomaior é diametralmente oposta ao “mundo feliz” no que vive instalado o alcalde.

O voceiro nacionalista, Manu Lourenzo insistiu en que “estes orzamentos consolidan un modelo caduco no que a mocidade non ten ningún tipo de alternativa de ocio máis que ocupar os soportais; no que os traballadores e traballadoras sofren a desvalorización constante dos pisos e propiedades; con graves problemas de mobilidade e aparcamento e no que o número e calidade dos servizos municipais están en constante retroceso. Ninguén en Soutomaior, salvo o alcalde e o seu equipo, pode mostrarse satisfeito cunhas contas coma estas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará