Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación alega que “non é o momento” de implantar o Bacharelato de Arte en Redondela

parlamento artes

O debate en torno a implantación desta modalidade educativa regresou hoxe ao Parlamento galego. Un debate que rematou da peor das formas posibles, coa expulsión da Cámara dos representantes da Federacións de ANPAs tras berrar “Bacharelato de Artes en Redondela xa”.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez asegurou no Parlamento na mañá de hoxe, ante unha interpelación do BNG, que malia ser unha demanda lexítima a reclamación de implantar este especialidade en Redondela, “este non é o momento porque a Lomloe modifica os curriculums, non sabemos como van ser as dúas modalidades de arte –artes plásticas e artes escénicas- polo que podería acontecer que si implantamos agora este bacharelato o vindeiro ano xa non exista”. Avogou por esperar a que remate o proceso de adaptación a nova lei. Tamén puxo en dúbida a existencia de demanda suficiente para esta modalidade atendendo a que os datos que manexa de Inspección Educativa confirman que “no curso 19-20 foron 6 as solicitudes de alumnos de Redondela para cursar Artes, no curso seguinte foron 7 e no ano 21-22 foron dez”.

Román Rodríguez, Conselleiro de Educación

O parlamentario nacionalista Manu Lourenzo acusou ao Conselleiro de “tentar enganar á veciñanza de Redondela, empregando un argumento técnico para ocultar unha decisión política que nega garantir o dereito do estudantado de Redondela a estudar Bacharelato de Artes”. Aseguraba ademais que a demanda está máis que acreditada ao existir enquisas que demostran que no IES Mendiño de 49 alumnos, 28 terían interese en estudar Arte e 19 faríano se puideran realizalo nese centro”.  

Manu Lourenzo, BNG

A sesión rematou coa expulsión dos representantes da Federación de Anpas presentes no Parlamento logo de que dende a bancada berraran “Bacherelato de Artes en Redondela xa”.

Escoitamos o momento da expulsión
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará