Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Baixada récord do paro: o desemprego cae en Redondela con 133 persoas desempregadas menos

oficina emrpego

O paro rexistrado nas oficinas públicas de emprego rexistra neste inicio do ano unha sorprendente baixada, cun descenso de 133 desempregados, o que deixa o número de persoas inscritas en 1.463, a cifra máis baixa dos últimos anos. No resto da bisbarra non hai practicamente variacións respecto ao mes anterior, con 563 desempregados en Soutomaior (+6), 134 en Fornelos de Montes (+1) e 244 persoas en busca de emprego en pazos de Borbén, as mesmas que en decembro.

Redondela experimenta a maior caída no número desempregados dos últimos anos, marcando este mes de xaneiro unha cifra histórica con 1.463 parados. Por sectores, o dos servizos é o que presenta unha peor evolución con mil desempregados. A moita distancia atopamos a industria con 240 desempregados e o sector da construción con 104 persoas buscando emprego.  Finalmente 51 son as persoas que están buscando un contrato de traballo na pesca ou na agricultura.

Un desemprego que se ceba en maior medida coas mulleres, sendo 896 as que se atopan nesta situación fronte aos 567 varóns que están inscritos no SEPE.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará