Hoxe é Venres 2 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra o San Brais

san blas

A Comisión de Festas de San Blas da parroquia do Viso recupera as celebracións en torno a este Santo que se conmemora o 3 de febreiro para honrar ao considerado santo contra as enfermidades da gorxa. Malia que o ano pasado tiveron que suspender a festa por mor da Covid, este ano deciden recuperar os festexos que inclúen verbenas, actos relixiosos e gastronomía. Unha programación que estivo no aire ata o último momento pendentes das restricións sanitarias que decretaran as autoridades competentes.

Victor Barreiro, Comisión de Festas

As festas arrancan o xoves con romaría co carro da burra que irá repartindo rosquillas, viño e pan por toda a parroquia e a tradicional misa e posterior procesión.

O venres América e o trío La Noche serán as encargadas de amenizar a verbena norturna e xa o sábado subiranse ao escenario Finisterre e Solara.

Xa o domingo haberá a misa de Candelaria, posibilidade de degustar polbo e callos e pola tarde xogos para nenos coa compañía Faísca. Como novidade decidiron tamén organizara un karaoke aberto a participación veciñal. Actividades que se desenvolverán todas elas nunha carpa climatizada para combater o frío deste inicio de febreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará