Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco refórzase no mercado de inverno

ChocoJuan

O defensa Lucas Carminati é a última incorporación do conxunto redondelán, que vén a sumarse ás fichaxes de Iván Capelo e Fran Monroy. Uns reforzos cos que Juan Amoedo confía en acadar o obxectivo da permanencia.

O Choco pechou un importante reforzo para a segunda volta do campionato, Lucas Carminati. O xogador de liña defensisva, de 32 anos, súmase ás incorporacións de Iván Capelo e Fran Monroy. “Son tres fichaxes importantes para o Choco neste mercado de inverno”, sinala o técnico Juan Amoedo, que se manifesta “moi contento” e non renuncia a incorporar algún xogador máis. Carminati é un home “da casa”, que xa estivo dúas tempadas en Redondela, concretamente desde 2014 até 2016, coñece ben á maioría dos xogadores e Amoedo sinala que lles dará veteranía e “seguridade defensiva”.

Juan Amoedo amósase moi satisfeito cos reforzos deste inverno para o club

No comezo da segunda volta o club insiste no obxectivo de acadar a permanencia “nun ano moi complicado polos paróns obrigados pola Covid”. Amoedo amósase orgulloso de que o equipo non tivese que aprazar ningún partido por positivos no seu vestiario, e lamenta que a competición pode verse desvirtuada polos continuos paróns que está a sufrir a liga. “Nós só temos un partido aprazado, pero hai equipos que acumulan 3 ou 4 xornadas sen disputar”, sinala o míster redondelán.

A suspensión de partidos por positivos Covid está a adulterar a competición

A próxima xornada reciben a visita do Deportivo Fabril, cos coruñeses situados na metade alta da táboa. No club confían en que co apoio da afeción poidan sacar un resultado positivo, e lembra a épica remontada ante o Polvorín hai tres xornadas, na que se impuxeron en Santa Mariña ao daquela líder. O encontro ten moitos atractivos para afección, coa presenza no equipo coruñés de ex xogadores do Choco como Davicín.

O domingo reciben en Santa Mariña ao Deportivo Fabril
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará