Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños despiden o mes cun novo corte de tráfico na estrada Amoedo-Os Valos para reclamar o seu arranxo

corte os valos

A Plataforma pola mellora da EP-2702 volvía saír na mañá de hoxe a rúa para protagonizar un corte de tráfico no Alto de Cepeda entre as 9 e as 10:30 horas da mañá. Unha mobilización que se repetiu todos os luns deste mes de xaneiro co obxectivo de denunciar o mal estado desta estrada e o perigo que supón para peóns e condutores. O vindeiro sábado celebran unha asemblea veciñal para informar dos avances dados coa Deputación e acordar novas medidas de presión no caso de que o Concello non acceda ás súas demandas.

Os veciños de Pazos seguen sen ter resposta por parte do Concello cando levan xa cinco luns consecutivos saíndo a rúa para demandar a reforma urxente da estrada que une Amoedo e Os Valos. Unha estrada que conta cun proxecto de mellora por parte da Deputación pero cuxa realización depende da colaboración por parte do Concello e de que o goberno local se comprometa a facer unha achega económica que entenden “é perfectamente asumible por parte da administración local”. Neste sentido, critican o posicionamento do alcalde Andrés Iglesias neste asunto “que en todo momento se negou a colaborar para que a humanización do vial sexa unha realidade, asegurando que non ía poñer un duro cando se trata dunha obra moi necesaria pola elevada intensidade de tráfico que soporta esta estrada e o mal estado no que se atopa”.

Ivan Rodríguez, portavoz da Plataforma
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará