Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior retoma as visitas teatralizadas con personaxes históricos

viistas teatralizadas

A Deputación inicia este martes as visitas guiadas ao espazo coincidindo coa floración da camelia, mentres que as caracterizadas, que protagonizarán María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel, comezarán o sábado día 5.

Este martes 1 de febreiro arranca unha nova edición das visitas guiadas polo xardín de excelencia internacional do Castelo de Soutomaior, que organiza a Deputación de Pontevedra coincidindo coa etapa de floración da camelia. Serán sesións que se desenvolverán ata finais do mes de marzo, concretamente os martes e xoves ás 16.30 horas, para un máximo de 20 persoas asistentes e cun prezo de 3 euros.

Por outra banda, o vindeiro sábado 5 de febreiro iniciaranse as visitas caracterizadas, que se suspenderan en 2020 e 2021 por mor da situación sociosanitaria. Serán actrices caracterizadas como as personaxes históricas María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel quen realizarán o percorrido a través dos xardíns. Serán 24 sesións que, despois deste sábado 5 celebraranse os domingos de febreiro e de marzo, para grupos de ata 20 persoas. Organizaranse 3 sesións por día, ás 11:00 ás 12:30 e ás 16:30 horas. O prezo é de 8 €, xa que inclúe, trala visita aos xardíns, a entrada ao Castelo. Tanto para estas visitas como para as guiadas, as entradas deben adquirirse desde a páxina web do Castelo.

Nestas visitas guiadas e caracterizadas ao Castelo de Soutomaior poderanse coñecer todas as variedades de camelia plantadas no xardín de excelencia internacional, onde o público coñecerá a súa orixe, os coidados necesarios e outras curiosidades arredor da flor das Rías Baixas. Ademais, unha parada obrigada será o Xardín de Camelias con nome de muller, que a Deputación puxo en marcha en 2020 para render homenaxe a mulleres ilustres da historia universal como son María Vinyals, Rosalía de Castro, a Bella Otero, Jane Andresen, Sofía Novoa, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega e Jimena Fernández de la Vega.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará