Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para o pagamento das taxas de lixo, vados e taxis

vados

O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que o vindeiro 20 de decembro remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do Lixo 2021, Taxa pola entrada de vehículos (vados) 2021 e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) 2021.

Os contribuíntes que ainda non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán obter un duplicado dos mesmos na Oficina Virtual Tributaria, na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela sita. na Rúa Ernestina Otero 35 bx. (horario de atención ó público de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 h) ou na Oficina de Chapela sita. no Camiño do Piñeiral 22 (horario de atención: tódolos mércores de 9:00 a 14:00). Tamén poden dirixirse ao teléfono de atención ao contribuínte (986 408 374) ou ao correo electrónico redondela@canaltributos.com

Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva coas recargas de constrinximento regulamentarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará