Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos reparte alimentos e xoguetes a 40 familias do municipio

Reparto alimentos navidad

O Concello de Pazos de Borbén finalizou o seu reparto de alimentos de nadal. Unha iniciativa financiada con 4000 euros polos Servizos Sociais que levou a 40 fogares do municipio unha completa variedade de alimentos frescos e non perecedoiros, produtos de limpeza, hixiene e outros útiles de primeira necesidade. Ademais, grazas á colaboración da ANPA escolar, ás familias con fillos fíxoselle entrega dun lote de xoguetes.

Así, cada familia inscrita no programa de alimentos dos Servizos Sociais municipais recibiu un lote de produtos adaptado ás súas necesidades e cuxo importe supera os 100 euros. Ademais, como novidade deste ano, en colaboración co ANPA do CPI Curros Enríquez, repartíronse lotes de xoguetes ás 10 familias con fillos inscritas nos servizos sociais municipais.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, mostrouse moi satisfeito coa iniciativa esperando que ”con esta axuda, os Nadais deste difícil ano 2021, oxalá sexan un pouco menos duras para as familias incluídas no plan de alimentos municipal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará