Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga celebra o primeiro triunfo

arealongaVito

Foto: Leticia Nogueira

A Preferente Sur de fútbol sala aproveitou o descanso na liga para recuperar os partidos aprazados no comezo da temporada. Xogouse a primeira xornada e o Arealonga sumou a primeira vitoria da temporada nun gran partido ante o Teis. O resultado (9-3) serve ao conxunto de Chapela para escalar posicións na táboa e afrontar con máis ánimo o que resta de competición ata o descanso de Nadal. O Arealonga fixo unha primeira excelente, sen dar opcións ao Teis, e chegaron ao descanso cun marcador favorable de 3-0. Na segunda parte o Teis meteuse no partido e recortou distancias ata poñerse 4-2. Os de Chapela responderon con boas combinacións entre os seus xogadores para ampliar a renda ata o 9-3. Para o presidente do club, Iván Vázquez, esta vitoria é un “alivio” logo de catro empates e dúas derrotas “onde o equipo mereceu máis”.

Iván Vázquez, presidente do Arealonga FS Chapela

Na próxima xornada o Arealonga repite como local, recibirá ao Coperfi Cereixa Gondomar, un dos equipos da parte alta da táboa ao que o conxunto de Chapela tentará poñerlle as cousas difíciles.

Esta fin de semana reciben en Chapela ao Coperfi Cereixa Gondomar

A xornada de Preferente saldouse con pleno de vitorias para os equipos locais. Redondela FS impúxose a domicilio á Quinta de Tui por 3-8, e ocupan a segunda praza na táboa. Mantén o liderado o SD Pazos, logo de vencer en terras ourensás ao Verín Cigarrón 1-4 Pazos. Na próxima xornada o Redondela volve xogar fóra, na pista do Abetos Gondomar e o Pazos recibe ao Cíos Vigo Mondariz.

Aposta pola canteira e o fútbol sala feminino

No club de Chapela, cun total de 13 equipos en 11 categorías diferentes, o traballo pasa sobre todo pola base. Tamén polo fútbol sala feminino, polo que apostan con gran presenza de rapazas tanto na canteira como nos equipos sénior.

O club aposta po,a canteira e os equipos femininos

O Arealonga FS conta cos equipos femininos nas categorías sénior de 1ª e 2ª Autonómica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará