Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER condiciona o seu apoio aos orzamentos á dimisión de Digna Rivas

plenoorzamentos

As malas relacións entre AER e PSOE dende a rutura do bipartito a consecuencia da polémica limpeza dos areais de Redondela e a posterior retirada de competencias neste asunto ao concelleiro da Agrupación de Electores, seguen marcando a política local. Se a consecuencia inmediata deses desencontros foi a dimisión dos tres edís de AER como membros do goberno local, a día de hoxe a situación de minoría na que quedaron os socialistas (con tan só 7 concelleiros nunha corporación de 21) condiciona a aprobación de documentos tan relevantes como son os orzamentos municipais.

Así se puña de manifesto no último pleno, no que a concelleira de economía e facenda, María Castro, afirmaba que esas contas están feitas pero que “ante as condicións faraónicas impostas por AER para votar a favor duns orzamentos que foron negociados con eles durante meses, antes de que abandonaran o goberno” vense na imposibilidade de levar ese documento a votación “porque sabemos que vai ser rexeitado, xa que nin PP nin AER van votar a favor”.

María Castro, concelleira de Facenda

Unhas “condicións faraónicas” que aclaraba o propio edil de AER, Roberto Villar e que pasan “pola dimisión da alcaldesa de Redondela”.

Unha dimisión que xa fora esixida por AER para manter o pacto de goberno, dimisión que non se fixo efectiva e que deu lugar a rutura do bipartito no pasado mes de agosto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará