Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un “Nadal máxico” no Castelo de Soutomaior

castelo

O histórico recinto transformarase nun Castelo de Conto que por primeira vez contará cun mercadiño con produtos sostibles e de proximidade, ideal para os regalos de Nadal, ademais das visitas teatralizadas e unha iluminación especial para estas datas. A Deputación de Pontevedra situa ao Castelo de Soutomaior como o epicentro destas festas.

O Castelo de Soutomaior e a esperada estrea do seu mercadiño este xoves, será o auténtico protagonista. A Deputación anima e invita a toda a cidadanía a achegarse ao mercadiño para poder adquirir produtos da provincia, sostibles e de proximidade, ideais para os regalos de Nadal, que estará aberto os días 2 e 3 de decembro entre as 16 e as 20 horas, e os días 4,5,7 e 8 de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Amais, contará cunha zona de degustación na que se poderá probar os produtos.

Baixo o título “A maxia do Nadal está no Castelo” a iluminación de todo o recinto terá lugar o próximo xoves ás 18.30 horas, aínda que xa media hora antes, ás 18.00 horas todo o público poderá achegarse para participar nunha visita ambientada na que as persoas participantes serán recibidas por “zancudos” que guiarán a actividade para coñecer o funcionamento do muíño e desfrutar das sorpresas nos xardíns.

A programación tamén inclúe visitas teatralizadas ao recinto histórico baixo o título “A luz do Nadal” e a cargo de Troula. Estas visitas, protagonizadas por unha raíña, a de corazóns, e dous bufóns da súa corte, oferta un total de 225 prazas dende o 7 ao 26 de decembro.

Haberá tamén sesións de contacontos e obradoiros baseados na obra “Un conto de Nadal” de Charles Dickens. Serán oito sesións os días 4, 5,11, 12, 18, 19, 26 de decembro e 2 de xaneiro ás 17 horas, con 30 prazas cada unha delas, dirixidas a crianzas de entre 4 e 9 anos. O día 4 terá lugar un contacontos no que Pedro Madruga, coa axuda das e dos rapaces, salvará o Nadal; o 5 un obradoiro de arquitectura no que a cativada construirá e decorará un poboado de Nadal; o 11 terá lugar un contacontos sobre as tradicións do Nadal no mundo e un obradoiro con tintas para crear felicitacións, que tamén se repetirá o día 12. Pola súa banda o día 18 haberá contacontos e un obradoiro para crear farois ecolóxicos con desexos; o 19 un experimento científico para fabricar neve e descubrir o que se atopa no interior dun iceberg; o 26 contacontos para descubrir os recunchos do castelo e un obradoiro para decorar a árbore de Nadal con materiais recollidos no percorrido; e xa o 2 de xaneiro realizarase unha ruta de sendeirismo polos xardíns do Castelo, onde nenas e nenos coñecerán os animais e plantas que habitan neles e rematarán decorando casiñas para paxaros. Para as visitas teatralizadas e os obradoiros hai que reservar praza en castelodesoutomaior@depo.es

Outras das novidades é que este Nadal tamén abrirá por vez primeira as súas portas o “Muíño das Afreitas”. Despois da recente restauración da maquinaria xa está en funcionamento para que as nenas e nenos poidan ver a última moenda para facer os doces típicos do Nadal. Tamén, ao igual que o pasado ano, haberá unha “caixa de correo de soños”, no Patio de Armas, na que tanto nenas e nenos como maiores poderán deixar os seus soños e desexos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará