Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior acenderá este venres a iluminación de Nadal cunha gran festa infantil

souto luces

Soutomaior xa está preparado para recibir o Nadal. O Concello ten preparada unha gran festa infantil para celebrar o inicio dos festexos que culminará co aceso da iluminación do Nadal a mans dos nenos e nenas do municipio. A festa terá lugar na alameda Talo Río o próximo día 26 de novembro a partir das 18:00 horas.

O centro da iluminación do Nadal situarase un ano máis na alameda de Tallo Río, onde se instalará unha gran árbore de Nadal acompañado dun photocall que promete ser protagonista en moitas das fotos dos veciños. Ademais, instaláronse arcos e elementos en case todas as vías do centro urbano, e en prazas como as da Ostra, a Feira ou en Cimadevila.

Na parroquia de Soutomaior instaláronse adornos en varias avenidas e monumentos ademais de en case todos os principais viarios. En total instaláronse máis de 40 arcos en todo o municipio e varias decenas de árbores luminosas e diferentes motivos adornando o mobiliario público.

Previo ao aceso da árbore municipal, terá lugar a festa infantil con animación musical, xogos, panxoliñas e uns divertido pasacalles que percorrerá o centro de Arcade lembrando aos veciños o momento do aceso e repartindo boletos aos nenos para o gran sorteo no que o gañadores terán a honra de acender a iluminación do Nadal, ao redor das 19:00 horas.

Unha decoración que se completa con outros elementos propios de Soutomaior como é o seu nacemento a tamaño real, tallado en madeira por un artista local.

A iluminación permanecerá acendida até o próximo 5 de xaneiro desde as 18:00 até as 00:00 horas, salvo os días de Noiteboa, Nadal e Fin de ano que o fará até as 03:00 da madrugada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará