Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ministerio de Igualdade recoñece o traballo de Joshua Mateo a favor das vítimas da violencia machista

R.Grobas. Joshua, con el libro de poesía de su madre, asesinada en una explosión en Chapela.

O fillo de Sesé Mateo, muller asasinada en Chapela pola súa exparella en 2017, vén realizando nos últimos anos un intenso traballo en contra da violencia de xénero e polos dereitos das vítimas moitas veces esquecidas: os nenos e nenas que tamén padecen esa violencia. En recoñecemento a esa labor o Ministerio de Igualdade, co gallo do 25N, vén de outorgarlle o premio na categoría de “Resilencia” na decimo oitava edición dos seus recoñecementos a persoas, proxectos e institucións cuxa labor na loita contra as violencia machista teñen destacado especialmente.

O galardón será entregado hoxe nun acto institucional nas instalacións de Caixa Forum en Madrid.

Joshua Mateo na actualidade estuda o último curso do ciclo superior de Promoción de Igualdade de Xénero en Pontevedra e elabora, en colaboración co Concello de Redondela, un protocolo de actuación para deixar reflectidos todos os trámites legais e burocráticos para cando se produzan asasinatos de mulleres por violencia machista que deixen nenos orfos. Precisamente Mateo interviu no 2018 no Senado para denunciar a situación de vulnerabilidade na que quedan estas vítimas da violencia de xénero, moitas veces esquecidas.

Colabora tamén nos premios Sesé Mateo de xornalismo ético no tratamento da violencia machista que serán entregados este venres no Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará