Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns Théo e Álex Gourdon competirán no Mundial de Moto 3 Junior

MotoGourdon

Os irmáns, de 16 e 14 anos de idade, seguirán co equipo Leopard Impala Junior e darán o salto de categoría. Veñen de rematar a temporada no Hawkers European Talent Cup “cos obxectivos cumpridos”.

Este pasado domingo pecharon a temporada no circuíto Ricardo Tormo de Valencia. Era a súa primeira experiencia no campionato Hawkers European Talent Cup. Con 16 e 14 anos de idade, os irmáns Théo e Álex Gourdon chegaron ao final de tempada cos seus obxectivos cumpridos da man do Leopard Impala Junior Team, co que melloraron a súa aprendizaxe “e a progresión foi en ascenso”. Álex mesmo sinala que os resultados foron “mellor do previsto”, malia que na última carreira de Valencia a chuvia complicou a xornada.

Álex Gourdon amósase satisfeito coa súa progresión na competición europea

Os dous coinciden en cualificar a experiencia como “moi enriquecedora”, xa que tiveron a oportunidade de competir con grandes pilotos de toda Europa e aprender deles. O nivel de esixencia foi moi superior ao do ano anterior, no Campionato de España ESBK 2020, no que Théo se clasificou 3º da súa categoría. E no 2022 darán un paso máis na súa carreira. Acaban de renovar co Leopard Impala Junior para competir a próxima temporada no Mundial de Moto 3 Junior. Un premio a todo o esforzo realizado nestes anos, explica Théo, que se amosa moi ilusionado coa competición que comezará no próximo mes de maio.

Os irmáns de Redondela están ilusionados coa oportunidade de participar no Mundial, como explica Théo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará