Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O acendido das luces o vindeiro sábado, pistoletazo de saída da programación de Nadal

luces

O acendido contará con actividades paralelas como o espectáculo “Lumen: xigantes da luz” de Yara teatro e a presenza da Coca Simona que se desenvolverán na Alameda Castelao e a rúa Alfonso XII a partir das 18:30 horas.

Redondela presenta un programa para todas as idades pero dando especial protagonismo a poboación máis cativa con actividades como a video chamada dos Reis Magos, o saúdo personalizado de Papá Noel ou a Casa de Papá Noel, pero tamén música cos xa clásicos Paco Nogueiras e Uxia Lambona, teatro, baile, festas, exposicións e obradoiros de Nadal.

Un programa que arrancará oficialmente este 27 de novembro ás 18:30 horas co acendido do alumeado de Nadal e rematará o día 15 de xaneiro, xa no 2022, coa actuación do Coro Tradicional Pecios de Rande no multiúsos da Xunqueira.

O acendido previsto para o vindeiro sábado contará con actividades paralelas como o espectáculo Lumen: xigantes da luz de Yara teatro, a presenza da Coca Simona e de “moitas sorpresas” e que se desenvolverán na Alameda Castelao e a rúa Alfonso XII. Un día despois, o 28 de novembro ás 18:30, terá lugar o acendido do Alumeado de Nadal de Chapela, na Alameda de Rosalía de Castro e contará coas mesmas actividades que o de Redondela.

Na Alameda Castelao quedarán instaladas dende o día 28 de novembro, as atraccións infantís e que permanecerán durante todas as festas de Nadal.

A partir de aí teatro infantil, festival de outono Airiños do Mar de Teis e teatro para adultos (a única actividade dirixida unicamente ao público adulto de todo o programa), xunto con actividades exclusivas para os pequenos que a partir do 8 de decembro, poderán ver un videosaúdo personalizado de Papá Noel en nadalenredondela.com. e, dous días despois, a partir do 10 de decembro, poderán inscribirse en barafundaanimacion.com para recibir, en directo, unha videochamada dos Reis Magos.

Obradoiros de Nadal

Tamén os cativos serán protagonistas dos obradoiros que se desenvolverán tanto no Multiúsos de Chapela como no de Redondela os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro en horario de 18:00 a 20:00 horas.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará