Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cultural de Negros acolle a presentación do libro de Xosé Couñago sobre a parroquia

xose couñago

Un texto enmarcado na colección Parroquias de Redondela que se presentará este sábado 20 ás 18:00 horas nun acto que contará coa participación do autor, Xosé Couñago e a alcaldesa Digna Rivas, haberá reparto de exemplares entre as persoas que asistan.

Uns libros editados dende Normalización Lingüística que buscan dar a coñecer “o enorme patrimonio que teñen as nosas parroquias e que, moitas veces, pasa desapercibido” así como “a cantidade de persoeiros cunha traxectoria histórica máis que salientable cos que conta a parroquia e que son grandes descoñecidos na historia local”.

Un libro sobre a parroquia de San Estevo de Negros que é o máis amplo dos publicados ata o de agora ao contar con sete rutas, perfectamente marcadas nos gráficos e con códigos QR para poder acceder ao percorrido das mesmas “que permiten que, en camiñadas de dúas horas e media a máis longa, as persoas poidan percorrer toda a parroquia e os seus puntos de interese”, afirmou Xosé Couñago.

O autor pon o acento na sete rutas que nos permiten percorrer a parroquia de Negros e achegarnos a súa riqueza arqueolóxica “podemos achegarnos a 36 mámoas e a un bosque cheo de muíños que é un gran descoñecido”. Uns percorridos que veñen detallados no libro e que podemos ampliar a través dos códigos QR achegándonos a información que Couñago ten subido a Internet.

O libro, como todos os editados dentro desta iniciativa contan con portadas realizadas porÁngel Barros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará