Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma un punto en Arzúa

ChocoArzúa

Félix anota o gol do empate minutos despois de que os locais se adiantasen de penalti.

Terceira División

Arzúa 1-1 Choco

Partido moi igualado o vivido no campo municipal do Viso. Na primeira parte escasas ocasións de gol, e o encontro chegou ao descanso co 0-0 no marcador. Na segunda parte o control foise alternando entre os dous equipos a intervalos. Aínda que os redondeláns lograban crear algunhas xogadas de perigo, cun disparo de Torres no 55 que petou no traveseiro, tamén as contras dos locais obrigaban a Cortegoso a empregarse a fondo baixo paus. Tras uns minutos de asedio local, os choqueiros cometeron un penalti. Jose foi o encargado de materializar a pena máxima no 64, dándolle a vantaxe ao Arzúa. Pero durou só 10 minutos. Félix, de chilena, igualou o encontro a falta dun cuarto de hora para o final. Os de Juan Amoedo mesmo puideron sentenciar o partido nos últimos compases do partido se Comis acertase na diana tras a xogada de Berni por banda que centra a Félix e pasa a Comis, quen remata fóra por moi pouco. Partido disputado ata o final, que puido caer a favor de calquera dos dous equipos e que finalmente rematou con reparto de puntos.

O empate deixa ao Choco no 14º posto da táboa. O domingo recibe en Santa Mariña ao Atlético Arnoia, penúltimo clasificado.

Arzúa: Cristopher, Bilal, Daniel, Marcos, Brais (Pedro, minuto 76), Antonio, Diego, Iñaki, Aleix, José e Daniel.

Choco: David, Ronald, Francisco, Alberto, Jorge (Óscar, minuto 70), Félix, Alejandro, Manuel (Tomás, minuto 70), Antón (Antonio, minuto 47), Hugo (Manuel Campelo, minuto 83) e Juan (Cristian, minuto 83).

Goles: 1-0, minuto 64: José, de penalti. 1-1, minuto 73: Félix.

Primeira Galicia

Arcade 0-0 Dena

O Arcade ocupa o 4º posto da táboa logo de sumar un empate ante o líder. Na próxima xornada visita o campo do Cuntis, 3º clasificado, que adianta en dous puntos aos de Soutomaior.

Segunda Galicia

As Neves 5-2 Vilar

Os de Alfredo Almeida non foron quen de sumar a súa segunda vitoria, e perderon ante as Neves, que os recibía como pechacancelas do grupo, aínda que agora xa supera na táboa aos de Redondela, que agora son penúltimos. Na próxima xornada reciben ao Mos.

Cesantes 0-4 Monteporreiro

O Cesantes perdeu ante un dos equipos da parte alta, e queda no 8º posto do grupo. Na próxima xornada visitan o campo do Cerponzóns, 2º clasificado.

Vilaboa 1-1 Soutomaior

Reparto de puntos en Vilaboa. Na próxima xornada descanso para o Soutomaior

Terceira Galicia

Balaídos 4-1 Chapela

Avultada derrota para o Chapela no campo do Balaídos. Con todo, o equipo mantense en postos de fase de ascenso, como 6º da táboa. Na próxima xornada reciben no campo de Parada ao Club Peñasco, que é 3º

FÚTBOL SALA

Terceira Galicia

Xove 5-3 Campito

Os de Chapela non conseguiron sumar na pista do Xove, acumulan tres derrotas consecutivas e caen á parte baixa da táboa. Na próxima xornada reciben en Chapela ao Concello de Begonte.

Preferente Sur

Redondela Maramar 5-2 Marín

Importante vitoria do Redondela, que mantén o 2º posto da táboa ao superar ao Marín, co que chegaban ao partido empatados a puntos. Na próxima xornada protagonizan un dos derbis comarcais na pista do Teis.

Cesures 4-0 Arealonga

O Arealonga segue na parte baixa da táboa logo da derrota sufrida na pista do Cesures, que chegaba á cita como pechacancelas do grupo. Na próxima xornada reciben en Chapela ás Neves.

Arealonga-As Neves

Cereixa Gondomar 2-5 Pazos

Os de Fran Amoedo son líderes do grupo en solitario logo do pleno de vitorias colleitadas nas catro xornadas disputadas. No partido disputado no pavillón de Gondomar os pupilos de Amoedo chegaron ao descanso cun merecido 0-2. Logo do Cereixa recortou distancias ata acadar o empate 2-2, pero logo do Pazos volveu das mostras da súa calidade para adiantarse no marcador ata o 2-5 definitivo e confirmarse como un dos claros favoritos ao ascenso. Na próxima xornada reciben ao UD Coles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará