Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vilar de infesta celebra o San Martiño cunha xornada festiva

vilar

A Comisión de Festas de Vilar organiza este xoves, 11 de novembro, festividade de San Martiño, unha xornada de convivencia, castañas, música e verbena que arrancará ás 12 do mediodía e se prolongará ata ben entrada a noite coa actuación do grupo Assia.

Nun recinto cuberto cunha carpa para paliar as condicións meteorolóxicas, a Comisión de Festas ten organizada unha xornada de actividades que comezará cos actos relixiosos ás doce do mediodía con procesión acompañada polo grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas, encargardos tamén de amenizar a sesión vermú.

A partir das seis da tarde haberá magosto, con reparto de castañas e viño de balde para os asistentes que poderán gozar coas actuacións dos grupos de baile moderno Falcatruada e a escola de baile Bambalina de Caeiro.

As 19:30 será a quenda do grupo de pandereteiras Follas Verdes do centro cultural da parroquia e a continuación actuará o grupo Fillos d’Pile. Rematará a xornada a verbena amenizada polo grupo asturiano Assia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará