Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén reparte 1400 kilos de alimentos entre as familias máis vulnerables

pazos alimentos

Repartiranse 21 lotes con alimentos non perecedoiros de primeira necesidade

Os alimentos repartiranse entre as familias acollidas ao plan de axuda alimenticia dos Servizos Sociais. Trátase do segundo reparto regular realizado este ano, ao que se suman todos os realizados dentro das emerxencias sociais cubertas durante a pandemia.

En total repartiranse 21 lotes proporcionais ás necesidades de cada unidade familiar, que vai desde unidades unipersonais de persoas de avanzada idade en risco de exclusión social a familias con varios fillos e escasos ingresos. Cada lote contén leite, arroz, tomate, pasta, aceite, garavanzos e varios alimentos de primeira necesidade e longa duración.

O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igresias, colaborou na realización dos lotes para cada familia e destacou que “aínda que o peor da pandemia xa parece pasar, a situación económica segue sendo moi delicada para moitas familias que necesitan toda a axuda que podamos prestarlle”. Pola súa banda, a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, indicou que estas pequenas actuacións “son unha prioridade porque son de gran axuda para os máis necesitados e seguirán  mentres sexan necesarias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará