Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xela Arias a ritmo de rock con Desertores

desertores grupo
O grupo vigués ofrece esta tarde ás 20:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego un concerto con entrada de balde no que se poderán escoitar os temas compostos por Xela Arias e que foran musicados xa non anos 80 por Desertores. 12 temas que veñen de ser gravados de novo en estudo e que forman parte do libro-disco “Cancións” editado por Xerais no que se inclúen dous temas novos “Nena Alcohol” e “Boogi”.

“No mundo da música o máis difícil é compoñer letras, atopar letras que digan algo ou que non se repitan, iso era algo que Xela sabía facer moi ben” así o explica o cantante do grupo, Valerio Araujo, quen lembra que a relación coa poeta remóntase aos anos 80 cando se coñecen “formabamos parte da mesma pandilla” e se decatan da súa capacidade para escribir “poesía cunha gran musicalidade”.

As súas colaboracións aparecerían en dous discos de Desertores, temas que se recuperan agora engadíndolles dúas cancións inéditas. Araujo, amósase moi satisfeito co resultado “recompilamos as cancións e gravámolas de novo “sacándolle o bravú máis proio dos 90” e centrándonos na poesía de Xela.

O resultado é un libro disco en edición bilingüe galego-castelán que leva por título “Cancións” e que será presentado oficialmente esta mesma tarde ao longo dun concerto moi especial “é o primeiro e tiña que ser na Biblioteca Xela Arias” explica Valerio, quen adianta que xa hai máis datas para presentar o disco e que non descartan que vaia haber novas gravacións porque hai moitas letras de Xela que aínda non foron musicadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará