Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denunciado por incumprir a lei de benestar animal polo estado de insalubridade de dous cans en Cabeiro

american-stanford

O propietario dos animais, veciño de Vigo, enfróntase tamén a unha falta grave xa que un dos animais, un American Stanford, raza que está englobada na categoría de Cans Potencialmente Perigosos, escapouse en varias ocasións atemorizando a propietaria da vivenda contigua.

Os feitos producíanse na xornada de onte cando unha veciña da zona chamaba á Policía Local ao redor do mediodía alertando de que lle entrada no eido un can de raza perigosa e temía sair da súa vivenda. Unha vez no lugar os axentes lograron seguir ao animal que se desprazou a finca lindante e atoparon nun alpendre a outro animal da mesma raza. Segundo explican dende a Policía os animais “estaban en malas condicións, rodeado de excrementos nun espazo sen limpar”. Lograron ler o chip pero non localizar ao propietario dos animais que non contestou ao teléfono.

A situación repetíase pola tarde, cando novamente a veciña avisaba que tiña ao animal na súa finca.

Localizado o propietario da finca explicou que os animais non eran del, senón dun amigo que residía en Vigo e que non tiña outro espazo onde deixalos. Unha vez se falou co dono dos cos procedeuse a súa denuncia por unha falta leve correspondente as condicións hixiénico sanitarias nas que se atopan os animais e unha segunda de carácter grave pro deixar solto un can dos considerados PPP (perro potencialmente perigoso).

O home insistiu en que a súa intención e manter aos animais nese lugar alegando que “están ben atendidos, que contan con comida e refuxio e que xa os pasea os domingos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará