Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os sindicatos solicitan o reingreso a un posto “acorde ás súas capacidades” dunha traballadora municipal

concello

A petición dos sindicatos UXT, CSIF e CIG do Concello de Redondela chega logo de que a traballadora Eugenia  Santos Carrera denunciara publicamente que logo de sufrir un lamentable accidente de tráfico que cambiara a súa vida, leva meses esperando que dende o Concello se lle ofreza un posto de traballo acorde ás súas capacidades.

Explican dende os sindicatos que “levan meses solicitando a reincorporación desta traballadora,  tendo como resposta da corporación que se estaba tramitando cando a realidade é que a data actual aínda non se fixo efectivo ese reingreso”.

As centrais sindicais anuncian que seguirán solicitando a reincorporación desta traballadora e

loitando porque esta situación se resolvan á maior brevidade posible, evitando que as persoas traballadoras se vexan afectadas por situacións similares e se atopen con outro calvario a parte do das súas propias doenzas e recuperacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará