Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mundo do mar, sen relevo xeracional

relevo

Cada vez é máis difícil atopar xente moza que se incorpore ao mundo do mar. O sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola sofren a falta de relevo xeracional. Conscientes da situación, dende os Grupos de Acción Costeira (GALP Ría de Vigo-A Guarda) teñen en marcha un programa de carácter formativo que busca trasladar ao alumnado dos centros de ensino de secundaria as posibilidades que ofrece o sector do mar na nosa comunidade.

Un sector, que segundo explica o oceanógrafo e técnico do proxecto, David Torres “ofrece moitas oportunidades laborais que abarcan dende ir ao mar ou ir a mariscar a traballar como administrativo nunha confraría, traballar como biólogos ou mesmo dedicarse ao turismo vencellado co mar”.

David Torres, oceanógrafo

O Instituto Mediño acollía na xornada de onte a presentación deste programa “Relevo 2-mocidade abordo” entre o alumnado do centro. Unha iniciativa estruturada en tres bloques de contidos. Pesca e acuicultura, a transformación e a comercialización do produto e o turismo mariñeiros e deportes náuticos. Cuestión que chegan aos alumnos da man de formadores e tamén como testemuña directa de profesionais do sector. O alumnado terá tamén a oportunidade de achegarse a eses centros de traballo (confrarías, lonxas e portos) para coñecer de primeira man as distintas saídas profesionais.

Entre os seus obxectivos está a posta en valor do sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar ou escoller estudos superiores. Así como valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e as saídas profesionais existentes no mesmo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará