Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Amoedo cede a súa acta de deputada ao voceiro do PP en Baiona, Ángel Rodal

carmendeputada

O Partido Popular de Pontevedra confirma o relevo de Carmen Amoedo, voceira do PP de Redondela, como deputada provincial tras o pacto “entre compañeiros” realizado en 2019.

O cambio correspóndese ao partido xudicial de Vigo, cumprindo o acordado tras as eleccións municipais consistente en compartir un dos dous escanos que o PP ten nesta área entre Carmen Amoedo e Ángel Rodal, voceiro do PP de Baiona. Así, tras dous anos de mandato, Amoedo presentou a súa renuncia, que será efectiva no pleno deste venres, e Rodal tomará posesión da súa acta a finais de novembro.

Desde o grupo provincial, así como o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, agradecen a Carmen Amoedo o seu “traballo exemplar desde o primeiro día, sabendo que tiña por diante un traballo de dous anos. Fixo unha labor incansable, a súa implicación foi total para defender os intereses dos veciños de Redondela, de todo o partido xudicial e do resto da provincia”.

Explican que este cambio estaba previsto, acordado entre compañeiros e foi ademais unha práctica habitual no PP desta provincia en todos os mandatos. “Sabemos que son impensables e imposibles noutros partidos nos que os enfrontamentos son públicos e demostran unha vez máis que unha das fortalezas do PP é a súa unidade senón tamén que o PP é un partido de fiar no que a palabra vale tanto como un documento escrito”, conclúen.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará