Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samaín no Castelo de Soutomaior

castelo

A Deputación de Pontevedra estrea un samaín cargado de misterio no Castelo de Soutomaior. As entradas xa están dispoñibles no sitio web da fortaleza para asistir ás visitas familiares, que comezaron este domingo, e ás adultas, que arrancan o 22 de outubro

As visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior confórmanse como unha atractiva opción turística e de lecer para a celebración de Samaín. A Deputación de Pontevedra, coincidindo con esta data tan sinalada no calendario galego, pon en marcha a primeira edición de dous percorridos cargados de misterio para coñecer o lado máis terrorífico da fortaleza. Familias e nenos poderán gozar de xogos e probas nas que o “Alemanote”, a pantasma do Castelo, estará moi presente; e os adultos/as disporán dunha proposta en horario nocturno protagonizada por personaxes do máis alá. Están xa dispoñibles as entradas para asistir ás dirixidas ao público familiar, que comezaban este domingo 17, e ao adulto, que serán nocturnas, que arrancan o vindeiro venres 22.

Os científicos Von Furenberg e Irina Calselberg, xunto ás autómatas Brunilda Kartoffel e Vettel Zanfonike, serán os/as encargados de acompañar ás familias por todo o Castelo na busca das pezas que lle faltan para a construción da “Makinakus imbemcibilus”, coa que darán a vitoria ao exército alemán na Primeira Guerra Mundial. Durante o transcurso da visita, os participantes irán coñecendo múltiples referencias á historia da fortaleza e ás persoas que a habitaron, á vez que levan pequenas sorpresas e sustos. Coa súa participación en xogos e probas, a historia dará un xiro que os levará á paz, á busca da verdade e tamén á figura do “Alemanote”, alumno da universidade de Heidelberg, que cada noite se enfrascaba nos lugares máis recónditos do castelo para realizar complexas fórmulas. As visitas desenvolveranse os días 17, 24 e 31 de outubro e o 7 de novembro en dous pases diarios ás 12.00 e ás 16.30.

No caso das visitas teatralizadas dirixidas ao público adulto, comezan o venres 22, e estenderanse ata o 5 de novembro. No percorrido os participantes estarán acompañados dun actor e unha actriz que interpretarán a personaxes do máis alá. Estas visitas celebraranse en horario nocturno, ás 20.00, e terán lugar en outubro os venres 22 e 29 e, en novembro, o venres 5.

O prezo para participar en cada unha das actividades é de oito euros por persoa, e poden adquirirse no portal web do Castelo, https://castelodesoutomaior.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará