Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan os traballos de mellora no Camiño dos Quinteiros en Negros

Camiño dos Quinteiros. San Estevo de Negros

O Concello deu por rematadas as obras de mellora e adecuación do Camiño dos Quinteiros, na parroquia de San Estevo de Negros, traballos cos que se busca mellorar a accesibilidade viaria e, dese xeito, contribuír á mellora da calidade de vida da veciñanza que habita na zona de influencia dos traballos. Os traballos foron incluídos no Plan Marco de mellora de camiños da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

A actuación de mellora desenvolveuse nun treito de preto dos 500 metros (486,74) –entre o camiño de Negros e o Camiño da Lameira– e cunha largura media de 5,32 metros. Tal e como sinala o informe técnico, o camiño posuía unha capa de rodadura en aglomerado e atopábase cun alto grao de deterioro.

A superficie a pavimentar abrangueu todo o ancho da calzada dende o limite das propiedades, muros ou cunetas e, unha vez asfaltado, púxose á nova cota de tapas de pozos, reixas e arquetas de rexistro.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que visitou o estado das obras acompañada do concelleiro  Vicente Lamas, subliñou a importancia desta actuación “que mellora as comunicacións, facilitan á vida á veciñanza e contribúen a vertebrar o municipio” e sinalou que “non se trata de obras illadas senón dun plan global que desenvolve a Concellería de Vías e Obras e que ten como finalidade que as nosas parroquias poidan contar cunhas estradas e camiños adecuados ás necesidades das veciñas e veciños”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará