Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Tropa de trapo chega a Arcade co seu espectáculo “Catro Monos”

tropa de trapo

O Multiúsos de Arcade a colle este domingo 17 de outubro ás 19 h un espectáculo que combina música feita con todo tipo de instrumentos e unha historia que ven do Lonxano Oriente da man da compañía A Tropa de Trapo. Dirixida a público familiar, a entrada é de balde ata completar aforo. A actividade está incluída no programa “Tornar as táboas” da Deputación de Pontevedra.

Catro Monos é un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar, no que se lle da a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea ou cos habitantes do Sáhara.

Marta Ortiz e Brais das Hortas levan dez anos percorrendo a xeografía galega como A Tropa de Trapo, un proxecto co que recollen e crean contos para levalos a escena con música en directo, ben con instrumentos habituais como con outros elaborados a partir de refugallos. Os seus  espectáculos,  de carácter participativo,  buscan un equilibrio entre entreter e educar, cun  trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada.  Por un lado, ritmo, música, narración áxil e pingas de humor. E, por outro, a convicción profunda da necesidade de falar de valores como a liberdade, a solidariedade, o respecto ou a igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará